http://www.galizacontrainfo.org/manifesta%C3%A7om-de-recha%C3%A7o-%C3%A0-visita-do-papa-eu-nom-te-espero-viol%C3%AAncia-policial-vs-liberdade-de-express
Desde as oito da tarde centos de persoas convocadas pola plataforma Eu
non te espero xuntábanse na Alameda de Compostela, onde un cordón
policial impedía a saída da manifestación. As convocantes denunciaron
a falta de liberdade de expresión que existe desde hai máis dunha
semana por mor da visita do Papa, Benedicto XVI, e o silenciamento de
todas as iniciativas que se están a levar adiante para rexeitar e
manifestar a oposición das mulleres e da cidadania en xeral de
Compostela contra o gasto público nesta visita, asi como en contra da
visita do máximo xefe do Estado Vaticano, contra quen foi presentada
denuncia estes dias nos Xulgados de Guarda en Compostela.
Pouco despois das nove e media da noite, despois da lectura dun
manifesto, deuse por rematada a mobilización, e a xente que cruzaba o
paso de peóns da Alameda comezou a berrar "Estado Policial Visita
papal", ou "Nós non te esperamos", polo que os numerosos
antidisturbios, indignados diante de que houbera quen continuara a
berrar proclamas anti-clericais fora do seu cordón policial, cargou
con brutalidade xa na Porta Faxeira. As cargas continuaron desde este
primeiro ponto até a Praza de Galiza, e logo máis adiante na rúa de
San Pedro, ou noutros pontos da cidade. Furgóns policiais ás presas
dun lado para outro: unha cidade máis que sitiada e violentada.
Un dos nosos compañeiros de Galiza Contrainfo, que se encontraba
cubrindo esta mobilización, foi sinalado polos "antidisturbios" e ao
pasar a Praza de Galiza foi empurado a unha ruela sen saída, onde
entre tres policias lle bateron, nas pernas e na camara, rematando cun
"yo a ti te veo en todas".
Queremos desde Galiza Contrainfo somarnos ás denuncias que desde a
Rede Feminista Galega, desde a iniciativa Eu non te espero, realizan
nestes dias do control policial, do abuso de poder e da falta de
liberdade de expresión que hai no noso país, pola visita de Benedicto
XVI, e non só.
E ainda que nos sinalen, nos continúen a multar, ou mesmo estexan
fartos de "vernos en todas" continuaremos a gravar, fotografiar e dar
conta do que eles queren calar.
Deixamos aqui tamén unha reportaxe fotográfica das bandeiras e o
ambiente de rexeitamento a Ratzinger da cidade de Compostela, e un dos
mancados pola Policia nestas cargas, aqui:
http://www.flickr.com/photos/47009921@N02/sets/72157625311667502/
No hay comentarios:
Publicar un comentario